10 de octubre de 2008

A escola infantil do Polígono do Tambre, lista para o curso 2009-2010

A escola infantil do Polígono do Tambre A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, visitou as obras da escola infantil do Polígono do Tambre. Segundo indicou, a previsión é que o edificio estea listo en sete ou oito meses, co obxectivo de que a escola poda abrir as súas portas no curso 2009-2010.
Guadalupe Rodríguez estivo acompañada nesta visita polo arquitecto César Coll, quen lle explicou as principais características desta obra. A concelleira destacou a "singularidade arquitectónica" desta escola, "cun formidable deseño, pero sobre todo funcional, que é o que importa".

Con esta escola infantil e coa de Tras Parlamento, serán cinco os centros destas características que estarán en funcionamento no curso 2009-2010, un número que, en proporción á poboación, supera o índice de calquera cidade galega e mesmo española, segundo indicou a concelleira.

A escola infantil do Polígono do Tambre A nova escola do Polígono do Tambre contará con 61 prazas para nenos de cero a tres anos, distribuídos en catro unidades: unha para nenos menores dun ano (8 prazas), unha para nenos de 1 a 2 anos (13 prazas) e dúas para nenos de 2 a 3 anos (40 prazas). Terá sala de usos múltiples, comedor, área de administración, cociña, despensa e patio exterior.

O edificio é obra dos arquitectos César Coll e Viviana Slafer. Unha das súa principais características é que cada unha das aulas conta cun patio exterior. A superficie útil total do edificio será de 444,93 metros cadrados, ademais dun patio exterior de xogos de 169,45 metros cadrados. O orzamento é de 568.065 euros.

A escola infantil do Polígono do TambreA escola infantil do Polígono do Tambre

http://santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=4094&lg=gal

1 comentario:

Unknown dijo...

Muy bonita, pero mi pequeño lleva cociéndose en estas instalaciones desde hace 2 meses; la climatización no funciona, el sol les da de lleno a los bebés en la estupenda sala de usos múltiples que no tiene cortinas para no afearla, en las aulas no hay ventanas ni ventilación posible.
Este mes de Julio, a más de 30 grados en el interior, a mi hijo me lo llevé en 4 ocasiones por lo que le subía la temperatura al estar sólo 1 hora metido en ese horno
Los peques tienen que estar casi desnudos en el interior
¿En qué estaría pensando el arquitecto? Supongo que en que el Galicia nunca brilla el sol...

Un edificio precioso, me encantaría que el que lo diseñó pasara un día en su interior, preferentemente de 12 a 3 de la tarde...