24 de noviembre de 2006

Bilbao xa ten unha avenida en Compostela

No acto de inauguración da avenida que leva o nome da cidade vasca, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, estivo acompañado polo rexedor de Bilbao, Iñaki Azkuna. Antes do acto, Iñaki Azkuna foi recibido por Sánchez Bugallo no Pazo de Raxoi, onde asinou no Libro de Ouro da cidade.

Durante a inauguración o alcalde de Compostela dedicou unhas verbas de agradecemento e confraternización nas que resaltou o paralelismo entre o rexurdir das dúas cidades. Mentres "Bilbao consolida a súa nova imaxe e a proxecta cara ao exterior", sinalou Bugallo "Santiago desenvolve un deseño urbanístico sostible que pon fin ao descontrol de décadas pasadas".

Dentro desta nova cidade enmárcase a nova Avenida de Bilbao, formando parte da moderna urbanización deseñada polos arquitectos César Coll e Viviana Slafer no polígono 1, do SUP 5 da Choupana. A urbanización, que se rematou en xuño deste mesmo ano, é a fachada máis moderna de Santiago na súa expansión cara ao sur. Detrás das torres de deseño rompedor construídas en Mestre Mateo, levantouse toda unha urbanización de edificios de primeiras calidades que manteñen a liña arquitectónica futurista que caracteriza a todo o polígono. A nova avenida de Bilbao sitúase en paralelo, tras de Mestre Mateo e da Avenida Barcelona.

O alcalde de Santiago tamén fora convidado hai case dous meses á inauguración da rúa bilbaína que leva o nome da capital galega. Alí, no barrio de Miribilla existe dende o 6 de outubro unha rúa chamada Santiago de Compostela.


http://santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=1571&lg=gal

10 de noviembre de 2006

Detalles vivienda unifamiliar

Vivienda unifamiliar en la Avenida de Asturias de Santiago de Compostela.

24 de septiembre de 2006

Puerta

Detalle del tirador-uñero instalado en la puerta de cristal corredera entre la cocina y la sala de estar.

26 de julio de 2006

SUNP 14-15

Recreación en 3D del proyecto para el S.U.N.P 14-15 de Santiago de Compostela.

12 de junio de 2006

Vía libre á conexión urbana e estética de Conxo co Ensanche

O Ensanche quedará conectado urbanística e esteticamente cos novos polígonos do sur grazas ás actuacións que se realizarán no solo SUP-1 de Romero Donallo. Unhas 200 vivendas, amplas dotacións de servizos, zonas verdes e deportivas, unha gran praza, un novo vieiro e un importante lavado de cara son algunhas das señas de identidade deste novo espazo. Segundo apuntou o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, tratáse dun plan que "integra esteticamente a Conxo no tecido urbano da cidade dun modo definitivo". Neste sentido, indicou que Romero Donallo se converterá nunha "peza de unión" entre os dous ensanches do Sur", algo parecido "ao que é hoxe a rúa da Senra".

A modificación do Plan parcial de Romero Donallo foi deseñada polo arquitecto César Coll e contempla a construción dunhas 200 vivendas, pero sobre todo supón unha actuación de carácter global que variará completamente a fisionomía desta parte da cidade. Un dos cambios importantes será a creación dunha nova rúa, que transcorrerá por debaixo do periférico e que unirá esta nova superficie urbanizada con Pontepedriña.

As obras permitirán tamén ampliar o espazo dispoñible para o IES Instituto Condal e habilitar amplas zonas verdes. Ademais, contémplase unha área deportiva que, unida á doutros solos veciños, creará un espazo de 30.000 metros cadrados no que o Concello baralla a posibilidade de crear grandes dotacións deportivas.

En canto ao cambio estético, o impacto máis importante será a creación de dous novos edificios que, á marxe do seu uso, permitirán cubrir as partes traseiras dos edificios que teñen o seu fronte na rúa Rosalía de Castro. As previsións son que este polígono, de promoción privada, poida estar rematado nun prazo de catro anos.


http://santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=971&lg=gal

18 de mayo de 2006

Basallo



Presidiendo la entrada en la urbanización, una escultura en acero cortén del artista ourensano Ignacio Basallo ilumina el "Camiño Novo".

Pilares

Base de las torres de Choupana (Rúa Barcelona, Santiago de Compostela).

Campus


Portal de una de las torres de la urbanización de Choupana.

Vistas al campus de la Universidad de Santiago de Compostela.

6 de abril de 2006

Salud

Centro de salud de Brión (A Coruña).

20 de marzo de 2006

30 de enero de 2006

444 m2 de guardería

Publicado en La Voz de Galicia, 30/1/2006:

../.. A finales de mes se espera recibir también el proyecto de la guardería do Tambre, que está siendo redactado por los arquitectos César Coll y Viviana Slafer.
Este centro tendrá una superficie útil de 444 metros cuadrados y un patio exterior de juegos de 169 metros cuadrados.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/01/30/4471900.shtml