06.02.2009 - 02.03.2009
horario: Ma-Do: de 12:00 a 21:00 h.
Celestino García Braña, Decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, inaugura ‘Unha viaxe por...1929-2009', proxecto expositivo do arquitecto Pablo Gallego Picard que convida percorrer 80 anos de evolución paisaxística.
A partir destes arquivos, Pablo Gallego Picard confronta o pasado non moi afastado e o noso inmediato presente, poñendo de manifesto os efectos perversos do chamado ‘progreso'. “As dificultades físicas de antano, superadas polas facilidades do presente, por un lado; doutra a irremediábel conclusión que as imaxes de hoxe non mostran progreso, senón regreso, primitivismo salvaxe, inconsciencia, agresividade.”
“Atopámonos así, non cunha, senón inmersos en diferentes ‘cartografías', segundo os diferentes medios técnicos de representación do territorio: mapas, cine, fotografía, a mobilidade do automóbil reflectida nos mapas de estradas, co seu preludio inicial nas redes de ferrocarril e metro, nas que chega a desaparecer a cartografía física, para converterse en ideogramas ou esquemas abstractos de trazados e puntos de destino alleos xa á calidade física do territorio.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario